Voo 940 de Mexicana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 940 de Mexicana de Aviación era un servizo regular internacional entre a Cidade de México e os Ánxeles, con escalas en Puerto Vallarta e Mazatlán. O día 31 de marzo de 1986 o Boeing 727-200 que operaba o voo esnafrouse en El Carbón, unha montaña na Serra Madre Occidental ao noroeste da Cidade de México, matando a todos os ocupantes do avión.[1] Con 167 mortes, o accidente do voo 940 trátase do peor accidente de aviación ocorrido en México, e tamén o peor accidente dun Boeing 727.[2]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 940 de Mexicana | |
---|---|
Boeing 727 semellante ao accidentado | |
Resumo | |
Data | 31 de marzo de 1986 |
Causa | lume en voo |
Lugar | Michoacán |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto da Cidade de México |
Primeira escala | aeroporto Licenciado Gustavo Díaz Ordaz |
Derradeira escala | aeroporto General Rafael Buelna |
Destino | aeroporto dos Ánxeles |
Finados | 167 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 727-264 |
Operador | Mexicana de Aviación |
Rexistro | XA-MEM |
Pasaxeiros | 159 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 0 |
Pechar