Voo 5055 de LOT Polish Airlines
accidente de aviación en Polonia en 1987 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 5055 de LOT Polish Airlines era un servizo regular internacional entre Varsovia e Nova York. Nas últimas horas da mañá do 9 de maio de 1987 o Ilyushin Il-62M que operaba o voo esnafrouse na reserva natural do bosque de Kabaty nas aforas de Varsovia 56 minutos despois da engalaxe. Os 183 ocupantes do avión morreron no accidente, sendo o peor sinistro dun Ilyushin Il-62, e tamén o peor accidente aéreo en Polonia.[1]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 5055 de LOT Polish Airlines | |
---|---|
O Ilyushin Il-62M accidentado | |
Resumo | |
Data | 9 de maio de 1987 |
Causa | fallo de motor non contido |
Lugar | bosque de Kabaty, preto de Varsovia |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Varsovia-Chopin |
Destino | aeroporto John F. Kennedy |
Finados | 183 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Ilyushin Il-62M |
Operador | LOT Polish Airlines |
Rexistro | SP-LGB |
Pasaxeiros | 172 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 0 |
Pechar
Determinouse que o sinistro foi causado pola desintegración do eixo dun motor debido a rodamentos defectuosos. Isto levou a un fallo catastrófico dos dous motores esquerdos e posteriormente iniciouse un incendio a bordo, esnaquizando todos os sistemas de control de voo.