Voo 371 de TAROM
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 371 de TAROM era un servizo regular de pasaxeiros, operado cun Airbus A310, entre o aeroporto de Otopeni en Bucarest e o aeroporto de Bruxelas. O día 31 de marzo de 1995 o Airbus A310-324, con rexistro YR-LCC, que realizaba a ruta entrou en picado tras engalar e esnafrouse preto de Balotești en Romanía. As 60 persoas a bordo do avión morreron no accidente.[1]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 371 de TAROM | |
---|---|
O avión accidentado en 1994 | |
Resumo | |
Data | 31 de marzo de 1995 |
Causa | fallo do acelerador automático e incapacitación do piloto |
Lugar | Balotești, Romanía |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Otopeni |
Destino | aeroporto de Bruxelas |
Finados | 60 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-324 |
Operador | TAROM |
Rexistro | YR-LCC |
Pasaxeiros | 49 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 0 |
Pechar
A investigación do accidente revelou que o acelerador automático defectuoso reduciu o pulo do motor esquerdo e púxoo ao ralentí durante o ascenso. Mentres isto ocorría o capitán quedou incapacitado,[2][3] deixando ao primeiro oficial abrumado e incapaz de responder eficazmente ao erro. Trátase o peor accidente aéreo na historia de Romanía,[4][5] e tamén o peor de TAROM.[6]