Voo 3054 de TAM Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Voo 3054 de TAM Airlines era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Porto Alegre ata São Paulo, Brasil. O día 17 de xullo de 2007 o Airbus A320-233, con rexistro PR-MBK, que operaba a ruta superou a pista 35L de São Paulo no medio dunha chuvia moderada e esnafrouse contra un almacén de TAM Express, pegado a unha gasolineira de Shell que estoupou como resultado do impacto.[1][2][3] Os 187 pasaxeiros e tripulantes a bordo do Airbus A320 morreron, xunto con 12 persoas en terra.[4][5] O accidente superou o voo 1907 de Gol Transportes Aéreos como peor accidente aéreo da historia de Suramérica, e é o segundo peor accidente dun avión da familia A320,[6] tras o atentado do voo 9268 de Metrojet, un A321-231 que se esnafrou en Exipto en outubro de 2015 con 224 mortes.
Voo 3054 de TAM Airlines | |
---|---|
Traballos no lugar do accidente | |
Resumo | |
Data | 17 de xullo de 2007 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | São Paulo-Congonhas |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Porto Alegre |
Destino | São Paulo-Congonhas |
Finados | 199 |
Feridos | 13 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A320-233 |
Operador | TAM Airlines |
Rexistro | PR-MBK |
Pasaxeiros | 180 |
Tripulación | 7 |
Superviventes | 0 |
O accidente foi investigado polo Centro de Investigación e Prevención de Accidentes Aeronáuticos (CENIPA)), cun informe final publicado en setembro de 2009. O CENIPA concluíu que o accidente foi causado por erros cometidos polos pilotos durante a aterraxe en São Paulo.