Voo 2303 de China Northwest Airlines
accidente de aviación na China en 1994 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 2303 de China Northwest Airlines era un servizo regular dende Xi'an ata Guangzhou. O día 6 de xuño de 1994 o Tupolev Tu-154M, con rexistro B-2610, que operaba a ruta rompeuse no aire e esnafrouse despois de engalar do aeroporto de Xi'an-Xianyang, matando as 160 persoas a bordo. Os restos caeron na parte sueste do aeroporto, espallándose nuns 29 quilómetros de terras de cultivo.[1] Trátase do accidente de aviación con máis vítimas mortais ocorrido na China continental.[2]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 2303 de China Northwest Airlines | |
---|---|
O avión do accidente en 1988 | |
Resumo | |
Data | 6 de xuño de 1994 |
Causa | fallo mecánico |
Lugar | preto de Xi'an |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Xi'an-Xianyang |
Destino | aeroporto de Cantón-Baiyun |
Finados | 160 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Tupolev Tu-154M |
Operador | China Northwest Airlines |
Rexistro | B-2610 |
Pasaxeiros | 146 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 0 |
Pechar