Voo 1862 de El Al
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 1862 de El Al era un voo de carga operado pola aeroliña israelí El Al. O día 4 de outubro de 1992 o Boeing 747 que o operaba esnafrouse contra un edificio residencial no barrio de Bijlmermeer en Ámsterdam. Oficialmente morreron un total de 43 persoas: os tres membros da tripulación, un pasaxeiro e 39 persoas en terra.[1] Ademais destas mortes, 11 persoas resultaron feridas de gravidade e outras 15 recibiron feridas leves.[1][2][3] O número exacto de xente morta en terra está en disputa, xa que o edificio tiña unha alta concentración de inmigrantes ilegais.[4]
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 1862 de El Al | |
---|---|
Resumo | |
Data | 4 de outubro de 1992 |
Causa | desprendemento dos motores do lado dereito |
Lugar | Ámsterdam-Zuidoost |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto John F. Kennedy |
Derradeira escala | aeroporto de Ámsterdam-Schiphol |
Destino | aeroporto de Tel Aviv |
Finados | 43 |
Feridos | 26 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 747-258B/SF |
Operador | El Al |
Rexistro | 4X-AXG |
Pasaxeiros | 1 |
Tripulación | 3 |
Superviventes | 0 |
Pechar