Voo 103 de Pan Am
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 103 de Pan Am era un voo regular transatlántico de Pan Am entre Frankfurt e Detroit, a través de Londres e Nova York. O 21 de decembro de 1988, o N739PA, o avión que operaba a parte sobre o océano da ruta, resultou esnaquizado por unha bomba, matando aos seus 243 pasaxeiros e 16 tripulantes, no que se coñeceu como o atentado de Lockerbie. Grandes seccións do avión caeron sobre zonas residenciais de Lockerbie, Escocia, matando a 11 persoas en terra.
Voo 103 de Pan Am | |
---|---|
Restos da proa do avión. | |
Resumo | |
Data | 21 de decembro de 1988 |
Causa | atentado terrorista |
Lugar | Lockerbie, Escocia |
Coordenadas | |
Orixe | Frankfurt |
Destino | Detroit |
Finados | 270 (todos máis 11 en terra) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 747-121 |
Operador | Pan Am |
Rexistro | N739PA |
Pasaxeiros | 243 |
Tripulación | 16 |
Superviventes | 0 |
Tras tres anos de investigación entre a policía de Dumfries e Galloway e o FBI, en novembro de 1991 emitíronse orde de arresto contra dous cidadáns libios. En 1999 o líder libio Muammar al-Gaddafi entregou aos dous homes para ser xulgados en Camp Zeist, Países Baixos, despois de prolongadas negociacións e sancións da ONU. En 2001, o axente de intelixencia libio Abdelbaset al-Megrahi foi condenado a cadea perpetua despois de ser declarado culpable por 270 cargos de asasinato en relación co atentado. En agosto de 2009 o goberno escocés liberouno por compaixón despois de que lle diagnosticasen un cancro de próstata. Morreu en maio de 2012, sendo a única persoa en ser condenada polo ataque. El sempre defendeu a súa inocencia.
En 2003 Gaddafi aceptou responsabilidades polo atentado e pagou compensación ás familias das vítimas, aínda que mantivo que nunca dera a orde do ataque.[1] Durante a Guerra Civil de Libia en 2011, un antigo oficial do goberno afirmou que o líder po país ordenara persoalmente o atentado, aínda que posteriormente foi negado.[1]