Vitiza (duque galego)
duque rebelde galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Witiza ou Vitiza (fl. 888-895) foi un aristócrata galego do século IX. Ostentando o título de "dux" rebelouse contra o rei Afonso III no ano 888. A rebelión durou sete anos, ata que Witiza foi capturado polo conde Hermenexildo Gutérrez e entregado ó rei Afonso III, quen o privou do título de dux e das súas propiedades.[1] Preso nun alxube por orde do rei, morreu ó pouco tempo.[2] O dux Witiza tería a súa principal área de influencia na zona do río Miño.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vitiza (homónimos).
Datos rápidos Biografía, Morte ...
Biografía | |
---|---|
Morte | c. 895 |
Duque Reino de Galicia | |
895 – Hermenexildo Gotérrez → | |
Conde de Galicia | |
895 ← Flacidio – Hermenexildo Gotérrez → | |
Actividade | |
Ocupación | duque |
Pechar