Vitamina E
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo vitamina E utilízase para designar un grupo de compostos liposolubles que inclúen tanto o grupo do tocoferol coma o do tocotrienol.[1] Hai moitas formas distintas de vitamina E.[2] O α-tocoferol é a forma máis activa bioloxicamente da vitamina E, polo que moitas veces se utiliza o termo tocoferol como sinónimo de vitamina E. O α-tocoferol é abundante, por exemplo, no aceite de xerme de trigo e no de xirasol.[3][4] O γ-tocoferol pode atoparse, por exemplo, no aceite de millo, de soia, e margarina.[3][5] A vitamina E é un antioxidante liposoluble que impide a produción de especies reactivas do osíxeno formadas cando se oxidan as graxas.[6][7][8]