Visby
localidade de Suecia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Visby é unha cidade e a capital do municipio de Gotland, no condado sueco de Gotland. No ano 2014 a cidade contaba con 23 880 habitantes.[1] Visby tamén é a sede episcopal da Diocese de Visby. A cidade hanseática de Visby é posiblemente a cidade mediaval mellor conservada de Escandinavia e dende 1995 está na lista da UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade.[2] Entre os restos históricos máis destacables están a muralla de 3,4 km que rodea a cidade vella e varias ruínas de igrexas.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Gotland (pt) | ||||
Municipios | Gotland | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.951 (2020) (1.717,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.453 ha | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 621 xx | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0498 | ||||
Visby é un popular destino de vacacións para os escandinavos durante o verán e recibe milleiros de turistas cada ano. Trátase da localidade máis poboada de Suecia fóra do continente. A Universidade de Gotland atópase en Visby, e dende o 1 de xullo de 2013 é un departamento da Universidade de Uppsala co nome de Universidade de Uppsala-Campus Gotland. Visby é tamén a única capital de condado de Suecia accesible unicamente por mar e por aire.