Unión Progreso y Democracia
partido político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unión Progreso y Democracia[11] (UPyD) (en galego Unión, Progreso e Democracia) foi un partido político español inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 26 de setembro de 2007. Entre os seus promotores atópanse a ex-dirixente do PSOE Rosa Díez (quen foi a primeira voceira do partido), o catedrático Mikel Buesa ou os filósofos Carlos Martínez Gorriarán e Fernando Savater.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Cristiano Brown (Derradeiro voceiro) |
Mocidades | s/d |
Filiación internacional | Non ten |
Historia | |
Fundación | 29 de setembro de 2007 |
Disolución | 6 de decembro de 2020[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo,[2] socioliberalismo,[3] laicismo,[4] centralismo,[3] federalismo europeo,[5] nacionalismo español[4][6][7][8][9][10] |
Posición política | Centro[3] |
Representación | |
Representación | 0 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados |
Outros datos | |
Sede | Rúa Desengaño, 12. 28004 Madrid |
Publicación | s/d |
Na rede | |
www.upyd.es | |
Mikel Buesa nunha presentación do partido en 2007 e Irene Lozano nunha entrevista na televisión en 2013 explicaron o significado dos tres conceptos que constitúen a denominación do partido: Unión pola súa defensa incondicional da «unidade de España», Progreso porque afirman ser «un partido progresista respectuoso coa liberdade individual» e Democracia porque din ser «un partido radical que aposta por afondar a democracia».[12][13][14][15]