Ulrica Leonor de Suecia
aristócrata sueca / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ulrica Leonor de Suecia (en sueco: Ulrika Eleonora), nada en Estocolmo o 23 de febreiro de 1688 e finada na mesma cidade o 24 de novembro de 1741, foi a raíña de Suecia dende o 30 de novembro de 1718 ao 29 de febreiro de 1720, e dende ese momento ata a súa morte, raíña consorte. Era tamén duquesa de Bremen e princesa de Verden (1718-1719) aínda que estes territorios estaban ocupados polos daneses dende 1712. Foi a filla máis nova do rei sueco Carlos XI e de Ulrica Leonor de Dinamarca. Contraeu matrimonio co príncipe Frederico de Hesse-Kassel o 24 de marzo de 1715, mais non tivo fillos.[1]
Nome orixinal | (sv) Ulrika Eleonora |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xaneiro de 1688 Estocolmo, Suecia |
Morte | 24 de novembro de 1741 (53 anos) Estocolmo, Suecia |
Causa da morte | Varíola |
Lugar de sepultura | Riddarholmskyrkan |
Rainha consorte da Suécia (pt) | |
24 de marzo de 1720 – 24 de novembro de 1741 ← Federico I de Suecia – Luísa Ulrica da Prússia (pt) → | |
Rei de Suecia | |
5 de decembro de 1718 – 29 de febreiro de 1720 ← Carlos XII de Suecia – Federico I de Suecia → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Lingua | Lingua sueca |
Obra | |
Arquivos en | |
Outro | |
Título | Rainha da Suécia (pt) (1718–1741) Princess of Sweden (en) (1688–1718) |
Familia | Casa de Palatinado-Zweibrücken (pt) |
Cónxuxe | Federico I de Suecia (1715–1741), morte da persoa |
Pais | Carlos XI de Suecia e Ulrica Leonor da Dinamarca (pt) |
Irmáns | Carlos XII de Suecia e Hedvig Sofia da Suécia (pt) |
Parentes | Luísa Ulrica da Prússia (pt) (afillada) |
Por mor da morte do seu irmán Carlos XII o 30 de novembro de 1718, producíronse unha serie de discusións sobre a sucesión, as cales se resolveron no seu favor despois de que ela aceptase abolir a monarquía absoluta. O seu goberno foi débil, dependente da aristocracia e sobre todo do seu marido, circunstancia que a levou a depor a coroa tras pouco máis dun ano de reinado.