Triumph des Willens
filme de 1935 dirixido por Leni Riefenstahl / From Wikipedia, the free encyclopedia
Triumph des Willens é un filme propagandista nazi dirixido por Leni Riefenstahl que se estreou en 1935. É unha crónica dos Congresos de Núremberg de 1934, ós cales asistiron máis de 700.000 partidarios nazis.[1] O filme contén extractos de discursos dados por varios líderes nazis nos congresos, incluíndo os de Adolf Hitler, Rudolf Hess e Julius Streicher, intercalados con imaxes das numerosas tropas da Sturmabteilung e da Schutzstaffel. Hitler participou activamente no filme e consta que foi o produtor executivo non oficial; o seu nome aparece nos títulos do comezo. O tema principal do filme é a volta de Alemaña como potencia mundial, con Hitler como o gran líder que traerá a gloria á nación. Foi realizado despois da Noite dos coitelos longos polo cal non aparecen prominentes membros das SA, que foron eliminados en 1934. O filme anterior a este, Der Sieg des Glaubens amosa Hitler e a Ernst Rohm xuntos no congreso do partido de 1933, pero tódalas copias foron destruídas despois da súa morte para non deixar en evidencia a Hitler. Porén, unha única copia sobreviviu no Reino Unido, e pode ser vista en Internet Archive.
O triunfo da vontade | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Triumph des Willens |
Director | Leni Riefenstahl |
Produtor | Leni Riefenstahl |
Guión | Leni Riefenstahl Walter Ruttmann |
Intérpretes | Adolf Hitler Heinrich Himmler Hermann Göring Joseph Goebbels Outros líderes nazis 30.000 extras |
Música | Herbert Windt Richard Wagner |
Montaxe | Leni Riefenstahl |
Estudio | Reichsparteitag-Film |
Distribuidora | Universum Film AG |
Estrea | 28 de marzo de 1935 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Propagandístico |
Na rede | |
Triumph des Willens foi estreada en 1935, e é un claro exemplo do uso da propaganda na historia do cine. As técnicas de Riefenstahl, como o movemento das cámaras, o uso de lentes de foco longo para crear distorsións da perspectiva, a fotografía aérea e o uso revolucionario da música no cine, valéronlle a Triumph of the Will o recoñecemento como un dos grandes filmes da historia. Riefenstahl gañou numerosos premios, non só en Alemaña, senón tamén nos Estados Unidos, Francia, Suecia e outros países. Foi moi popular no Terceiro Reich, e tivo grande influencia noutros filmes, documentais e anuncios publicitarios.[2] Malia isto, a súa exhibición está prohibida en Alemaña debido ó seu evidente apoio ó nazismo e as numerosos esvásticas que aparecen.
A serie cinematográfica de Frank Capra Why We Fight dise que foi directamente inspirada como unha resposta estadounidense a Triumph des Willens.