Trichodesmium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Trichodesmium é un xénero de cianobacterias filamentosas, planctónicas e coloniais. Teñen poboacións estables e xeran floracións visibles en rexións oceánicas tropicais e subtropicais, pobres en nutrientes, do Atlántico, o Pacífico e o Índico. Thricodesmium son diazótrofos: fixadores de nitróxeno atmosférico (N
2). Son quen de realizar a fixación en condicións de luz diúrna e en condicións aerobias sen precisar de heterocistes [1].
Trichodesmium | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
T. contortum |
Trichodesmium pode vivir só ou formando colonias, visibles a simple vista. As colonias que forman xeran o substrato pseudobentónico doutros grupos de microorganismos, como bacterias, diatomeas, dinoflaxelados, protozoos e copépodos. Os copépodos son os principais predadores de Trichodesmium. É un xénero totalmente fotoautótrofo e que é determinante nos ciclos bioxeoquímicos globais xa que fixa entre 60-80 Tg de N anuais, entre unha terza e a metade do nitróxeno fixado no planeta [2].