Tordo real
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tordo real[2][3] (Turdus pilaris) é un paxaro da familia dos túrdidos que se reproduce en zonas boscosas e arbustivas do norte de Europa e Asia, que en Galicia é unha ave invernante pouco común.[3] É unha especie moi migratoria, e moitos dos exemplares do norte trasládanse ao sur durante o inverno. Inverna en grandes cantidades nas illas británicas (onde uns poucos exemplares tamén se reproducen), e no sur de Europa, norte de África e Próximo Oriente. É omnívoro, e come unha ampla variedade de moluscos, insectos e miñocas de terra en verán e bagas, cereais e outras sementes en inverno.
Tordo real | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Adoitan nidificar en pequenas colonias, posiblemente como protección contra os predadores. Constrúen o niño nunha árbore, no que poñen cinco ou seis ovos. Os polos son alimentados polos dous proxenitores e abandonan o niño pasados quince días. Poden criar dúas roladas na parte sur da súa área de distribución, pero só unha máis ao norte. As aves migrantes e invernantes a miúdo forman grandes bandadas, frecuentemente en compañía de tordos rubios.
O tordo real ten unha lonxitude duns 25 cm, cun píleo, pescozo e mitra grises, un dorso marrón puro, ás e cola escuras e parte inferior da á branca. O peito e flancos teñen moitas manchas. O peito ten un ton avermellado destinguido e o resto das partes inferiores son brancas. Os sexos son similares en aparencia pero as femias son lixeiramente máis marróns. Os machos teñen unha canción simple e a ave fai varias chamadas guturais en voo e de alarma.