Tipúlidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tipúlidos (Tipulidae) son unha familia de insectos dípteros. Os grupos Cylindrotominae, Limoniinae e Pediciinae foron considerados subfamilias de Tipulidae pola maioría dos autores,[1] aínda que ocasionalmente foron elevados á categoría de familia. Nas clasificacións máis recentes, só os Pediciidae son tratados como unha familia separada, debido a consideracións sobre a parafilia.[2]
Tipúlidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nephrotoma appendiculata | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Ver texto |
Os tipúlidos poden encontrarse en todo o mundo, aínda que cada especie adoita ter unha área de distribución limitada. Son máis diversas nos trópicos, e son tamén comúns en latitudes bastante septentrionais e elevadas altitudes.[3]
Tipulidae é un dos maiores grupos de dípteros, e comprenden unhas 15 000 especies e subespecies distribuídas en 525 xéneros e subxéneros.[4] A maioría dos tipúlidos foron descritos polo entomólogo Charles Paul Alexander, especialista en dípteros, nunhas 1 000 publicacións académicas.[5]