Timgad
From Wikipedia, the free encyclopedia
Timgad (tamén chamada Thamugas ou Thamugadi en lingua bérber) foi unha cidade romana. Atópase no norte de África, na actual Alxeria, e é unha das que mellor se conservaron. Foi fundada polos romanos a principios do século II d.C., no reinado de Traxano, emperador de orixe hispana. O nome completo da cidade era Colonia Marciana Ulpia Traiana Thamugadi na honra da súa nai Marcia, do seu pai Marco Ulpio Traxano e a súa irmá máis vella Ulpia Marciana.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Alxeria | |||
Província da Argélia (pt) | Provincia de Batna | |||
Distritos da Argélia (pt) | Timgad (pt) | |||
Concello | Timgad (en) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90,54 ha | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
Data | 1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (iv) | |||
Identificador | 194 | |||
Situado na actual Alxeria, aproximadamente o 35 km ao leste da cidade de Batna, as ruínas son notables porque representan un dos mellores exemplos existentes de Planta ortogonal utilizado na planificación das cidades romanas.
Esta cidade foi fundada como unha colonia militar, cun claro trazado ordenado en cuadrícula.