Tian Shan
From Wikipedia, the free encyclopedia
As montañas Tian ou por tautopónimo Tian Shan (en chinés: 天山, pinyin: Tiān Shān, «montañas celestiais»; en mongol: Тэнгэр уул; en uigur: تەڭرى تاغ, Tengri Tagh, tamén transcrito como Tien) é un gran sistema montañoso da Asia Central, localizado na rexión fronteiriza entre Kazhakhstán, Kirguizistán e a República Popular da China, en concreto con Xinjiang situada na parte occidental do país. É o quinto relevo do mundo despois do Himalaia, os Andes, as Montañas Rochosas e a cordilleira do Pamir.[1]
Tian Shan 天山 | |
---|---|
Montes Tian na fronteira entre a China e Kirguistán co Khan Tengri (7010 m) no centro | |
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | Casaquistán, Kirguizistán, China |
Coordenadas | 42°N 80°L |
Datos | |
Principais cumes | Pico Jengish Chokusu |
Cota | 7439 msnm |
Lonxitude | 2500 km |
Ancho | 100-400 km |
Orientación | oeste/leste |
Tipo | Oroxénese cenozoica |
Ten a súa altura máxima no Pico Jengish Chokusu de 7439 m, o punto máis alto de Kirguizistán, situado na fronteira coa China. O segundo pico máis elevado é o Khan Tengri (en tártaro e mongol: "Señor dos espíritos"), de 7010 m, situado na fronteira entre Kazhakhstán e Kirguizistán.