Theodosius Dobzhansky
From Wikipedia, the free encyclopedia
Theodosius Grygorovych Dobzhansky (ucraíno: Теодо́сій Григо́рович Добжа́нський; ruso: Феодо́сий Григо́рьевич Добржа́нский), nado en Nemyriv (Imperio Ruso) o 25 de xaneiro de 1900 e finado en San Jacinto (California) o 18 de decembro de 1975, foi un xenetista e biólogo evolutivo estadounidense de orixe ucraína e unha figura central no campo da bioloxía evolutiva polos seus traballos que contribuíron a dar forma á síntese evolutiva moderna.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1900 Nemyriv, Ucraína (pt) |
Morte | 18 de decembro de 1975 (aos 75 anos) San Jacinto, California, Estados Unidos |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética Estados Unidos de América |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Taras Shevchenko National University of Kyiv |
Director de tese | Yuri Filipchenko, Grigoriy Levitskiy (en) e Q21641066 |
Coñecido por | modelo de Bateson-Dobzhansky-Muller |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía evolutiva, xenética |
Ocupación | biólogo evolutivo , profesor universitario , biólogo , escritor , entomólogo , zoólogo , académico , xenetista , naturalista |
Empregador | Universidade de Columbia Davis University of California (pt) Universidade Rockefeller (pt) |
Membro de | |
Alumnos | Francisco José Ayala (pt) |
Lingua | Lingua inglesa e lingua rusa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Foron alumnos seus:
|
Abreviatura do autor en zooloxía | Dobzhansky |
Premios | |
| |
Lista
| |
Nota Traballou en: Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv (1921-1924)[2] Universidade de Leningrado (1924-1927)[2] Universidade de Columbia (1927-1928, 1940-1962)[2] Instituto Tecnolóxico de California (1928-1940)[2] Universidade Rockefeller (1962-1970)[2] Universidade de California (1971-1975)[2] |
Dobzhansky naceu en Ucraína, que entón formaba parte do Imperio Ruso, e emigrou aos Estados Unidos en 1927, cando tiña 27 anos.[4] O seu traballo de 1937 Genetics and the Origin of Species tivo unha grande influencia na síntese evolutiva e foi premiado coa Medalla Nacional da Ciencia dos Estados Unidos de 1964,[5] e coa Medalla Franklin en 1973. É membro externo da Royal Society.[1]