Theodoros Papaloukas
baloncestista grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Theódoros "Teó" Papaloukás (en grego: Θεόδωρος "Τεό" Παπαλουκάς), nado 8 de maio de 1977 en Atenas, Grecia, é un antigo xogador profesional de baloncesto grego. Cunha altura de 2,00 metros, xogaba na posición de base.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1977 (47 anos) Atenas, Grecia |
Nacionalidade | Grecia |
Altura | 2,00 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Posición | Base |
Liga | ha'Al |
Información da carreira | |
Canteira | Ethnikos Ellinoroson |
Carreira | 1995–2013 |
Historial de equipos | |
Ampelokipoi (1995−1997) AO Dafni (1997−1999) Panionios (1999−2001) Olympiacos (2001−2002) CSKA Moscova (2003−2008) Olympiacos (2008−2011) Maccabi Tel Aviv (2011−2012) CSKA Moscova (2012−2013) | |
Premios e galardóns | |
1× EuroBasket (2005) 2× Euroliga (2006, 2008) 3× Copa de Grecia (2002, 2010−2011) 6× Liga de Rusia (2003–2008) 3× Copa de Rusia (2005–2007) 1× MVP Euroliga (2007) 1× MVP F4 Euroliga (2006) 35 mellores xogadores Euroliga | |
Papaloukas comezou a súa carreira en 1995 no seu club local do barrio de Ampelokipi, antes de ser traspasado dous anos despois de AO Dafni e, en 2001, ao Panionios. As súas actuacións con este último valéronlle un contrato cun dos tradicionalmente máis fortes equipos de Europa, o Olympiacos, onde gañou o seu primeiro título, a Copa grega, en 2002. Con todo, a súa estancia no equipo do Pireo foi breve, viaxando en 2003 a Moscova, onde axudaría ao club da cidade, o CSKA, a recuperar a súa gloria pasada, converténdose así nun dos xogadores máis importantes do continente tanto a nivel de clubs como de seleccións.
Despois de non destacar moito nas súas dúas primeiras tempadas na capital rusa,[1] na tempada 2004-05 converteuse nunha importante peza para éxito do CSKA saíndo do banco, tanto na Euroliga como na liga rusa. Na súa cuarta tempada co CSKA en 2006, mellorou moito a súa achega, sendo elixido por vez primeira no quinteto ideal da Euroliga e levando ao seu equipo a gañar o título da Euroliga por primeira vez en trinta e cinco anos, sendo ademais elixido como o MVP da Final Four. Ao ano seguinte foi nomeado mellor xogador da Euroliga antes de caer no intento de conseguir o seu segundo campionato continental consecutivo. En 2008, gañou o seu segundo título da Euroliga co CSKA no que sería o seu último ano en Moscova. No verán de 2008 Papaloukas volveu a Olympiacos e chegou a outras dúas Final Four da Euroliga, o que fixo unha marca de oito anos consecutivos xogándoa.
A nivel internacional, Papaloukas liderou o equipo nacional grego ao título no EuroBasket 2005, así como unha medalla de prata do Campionato Mundial FIBA en 2006 saíndo do banco, sendo elixido nos quintetos ideais de ambas competicións. En 2006, foi nomeado o Mellor Xogador Europeo do Ano por FIBA Europa, un dos cincuenta maiores contribuidores da Euroliga en 2008 e no equipo ideal da Euroliga de década 2000-10. Unha figura revolucionaria no baloncesto, Papaloukas simboliza o ascenso do baloncesto europeo no novo milenio.