The Martian
Filme de 2015 dirixido por Ridley Scott / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Martian é un filme estadounidense de ciencia ficción[4] dirixido por Ridley Scott que se estreou no 2015. Está protagonizado por Matt Damon e a historia baséase na novela de Andy Weir The Martian, que foi adaptada ó guión por Drew Goddard. Damon interpreta a un astronauta que é dado por morto e abandonado en Marte que ten que loitar por sobrevivir. No filme tamén aparecen Jessica Chastain, Kristen Wiig, Jeff Daniels, Michael Peña, Kate Mara, Sean Bean, Sebastian Stan, Aksel Hennie e Chiwetel Ejiofor nos papeis secundarios.
The Martian | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Martian |
Director | Ridley Scott |
Produtor | Simon Kinberg Ridley Scott Michael Schaefer Aditya Sood Mark Huffam |
Guión | Drew Goddard |
Baseado en | The Martian de Andy Weir |
Intérpretes | Matt Damon Jessica Chastain Kristen Wiig Jeff Daniels Michael Peña Kate Mara Sean Bean Sebastian Stan Aksel Hennie Donald Glover Mackenzie Davis Chiwetel Ejiofor |
Música | Harry Gregson-Williams |
Fotografía | Dariusz Wolski |
Montaxe | Pietro Scalia |
Estudio | Scott Free Productions Kinberg Genre TSG Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Festival de Toronto: 11 de setembro de 2015 2 de outubro de 2015 |
Duración | 141 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $108 000 000[2] |
Recadación | $257 700 000[3] |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/the-martian | |
|
O produtor Simon Kinberg comezou a desenvolver o filme despois de que 20th Century Fox considerase a novela en marzo de 2013. Drew Goddard adaptou a novela nun guión e nun principio foi elixido para dirixilo, mais o proxecto non seguiu adiante. Ridley Scott substituíu a Goddard, e con Damon como personaxe principal, a produción obtivo a luz verde. A rodaxe comezou en novembro de 2014 e durou aproximadamente 70 días. Foron construídos preto de 20 escenarios nun estudio de Budapest, un dos meirandes do mundo. Wadi Rum en Xordania, foi usado para practicamente toda a fotografía de paisaxe do filme.