The Lord of the Rings: The Two Towers
Filme de 2002 dirixido por Peter Jackson / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Lord of the Rings: The Two Towers é a segunda parte da triloxía cinematográfica d'O Señor dos Aneis, baseada no segundo tomo da novela homónima do escritor británico de literatura fantástica J. R. R. Tolkien; adaptado ó cine polo neozelandés Peter Jackson, e que foi estreada en 2002. En galego pódese traducir por O Señor dos Aneis: As Dúas Torres. Nos carteis oficiais e outros produtos, Jackson decidiu empregar como torres a Orthanc e Barad-dûr, as dúas torres do mal, aínda que Tolkien nunca deixou claro de cales se trataban, pois podería referirse tanto a Orthanc e Barad-dûr (as dúas torres relacionadas co inimigo), como a Minas Tirith e Barad-dûr (as dúas torres máis poderosas de cada bando) ou a Orthanc e Cirith Ungol (as dúas torres que aparecen nas últimas pasaxes dos libros III e IV do tomo).