Tetrodotoxina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tetrodotoxina, xeralmente abreviada TTX, é unha potente neurotoxina. O seu nome deriva dos peixes Tetraodontiformes, grupo ao que pertencen o peixe globo, peixes ourizo, peixe lúa, e peixe bésta e no que hai varias especies que a conteñen. Tamén aparece noutros animais acuáticos (por exemplo nos polbos de aneis azuis, o tritón Taricha granulosa, e os caracois natícidos). Non obstante, quen realmente produce a toxina son certas bacterias simbióticas ou infectantes como Pseudoalteromonas, Pseudomonas, e Vibrio entre outras, que pasan a toxina aos tecidos do animal.
Tetrodotoxina | |
---|---|
(4R,4aR,5R,6S,7S,8S,8aR,10S,12S)-2-azaniumilideno-4,6,8,12-tetrahidroxi-6-(hidroximetil)-2,3,4,4a,5,6,7,8-octahidro-1H-8a,10-metano-5,7-(epoximetanooxi)quinazolin-10-olato | |
Outros nomes anhidrotetrodotoxina, 4-epitetrodotoxina, ácido tetrodónico, TTX | |
Identificadores | |
Número CAS | 4368-28-9 |
PubChem | 11174599 |
ChemSpider | 9349691 |
KEGG | C11692 |
ChEBI | CHEBI:9506 |
ChEMBL | CHEMBL507974 |
Ligando IUPHAR | 2616 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C11H17N3O8 |
Masa molar | 319,27 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A tetrodotoxina inhibe o disparo dos potenciais de acción en nervios ao unirse ás canles de sodio reguladas por voltaxe das membranas das neuronas e bloquear o paso de ións sodio (responsables da fase elevada do potencial de acción) na neurona.[1]
O seu mecanismo de acción, que bloquea selectivamente a canle de sodio, foi demostrado definitivamente en 1964 por Toshio Narahashi e John W. Moore na Universidade Duke.[2]