Terry Wogan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Michael Terence Wogan, nado en Limerick (Irlanda) o 3 de agosto de 1938 e finado en Taplow (Reino Unido) o 31 de xaneiro de 2016, foi un dos máis afamados presentadores e locutores de radio e televisión do Reino Unido, converténdose nun dos símbolos da BBC.[1]
Terry Wogan no Palacio de Buckingham tras recibir a Orde do Imperio Británico en 2005 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1938 Limerick, Irlanda |
Morte | 31 de xaneiro de 2016 Taplow, Reino Unido |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlandés e británico |
Educación | Crescent College (en) Belvedere College (en) |
Coñecido por | Festival de Eurovisión (1971-2008) |
Actividade | |
Ocupación | Presentador de televisión e locutor de radio |
Período de actividade | 1956 - 2015 |
Empregador | BBC Radio 2 British Broadcasting Corporation |
Lingua | Lingua inglesa |
Selo discográfico | Philips |
Premios | |
Páxina web | terrywogan.com |
Antes de retirarse do seu programa matinal na BBC Radio 2, Wake Up to Wogan no 2009, tiña oito millóns de público regular, converténdoo no locutor de radio máis escoitado en Europa.[2] Comezou a súa carreira na televisión pública irlandesa RTÉ na década dos 60.
Desde a década de 1960 foi unha das personalidades máis importantes da televisión no Reino Unido e era habitualmente referido como un tesouro nacional.[2] Ademais do seu programa diario, era coñecido no Reino Unido polo seu traballo na televisión, presentado entre outros programas o talk-show Wogan na BBC One e o programa de recadación de fondos para os nenos Children in Need. Foi ademais o comentarista para a BBC do Festival de Eurovisión entre 1971 e 2008, chegando incluso a presentar o certame no Festival de Eurovisión 1998 celebrado en Birmingham.[3]
Adquiriu a dobre nacionalidade irlandesa e británica en 2005.[4] Foi galardoado como Cabaleiro da Orde do Imperio Británico ese mesmo ano, podendo levar desde entón o título de Sir diante do seu nome.[5]
Finou a causa dun cancro o 31 de xaneiro de 2016 na súa casa en Buckinghamshire.[6]