Terremoto de Shaanxi de 1556
From Wikipedia, the free encyclopedia
O terremoto de Shaanxi ou o terremoto do Condado de Hua é o terremoto máis mortífero do que se ten constancia, no cal morreron aproximadamente 830.000 persoas.[1] Ocorreu na mañá do 23 de xaneiro de 1556 en Shaanxi, China. Máis de noventa e sete condados nas provincias de Shaanxi, Shanxi, Henan, Gansu, Hebei, Shandong, Hubei, Hunan, Jiangsu e Anhui foron afectados.[2] Unha área de 836 km de ancho foi destruída e nalgúns condados morreu o 60% da poboación.[3] Até ese momento, a poboación vivía maiormente en covas artificiais en cantís de loess, que se derrubaron durante o desastre.
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |