Terremoto de Lisboa de 1755
From Wikipedia, the free encyclopedia
O terremoto de Lisboa de 1755 tivo lugar o 1 de novembro de 1755, ás 9:20. Foi un dos terremotos máis destrutivos e mortais da historia, causando a morte de entre 60.000 e 100.000 persoas.
| ||
Serie Historia de Portugal | ||
---|---|---|
Portugal na prehistoria | ||
Portugal prerromano | ||
Romanización: Lusitania e Gallaecia | ||
Visigodos e Suevos | ||
Dominio árabe e a Reconquista | ||
Condado Portucalense | ||
Independencia de Portugal | ||
Dinastía de Borgoña | ||
Crise de 1383-1385 | ||
Dinastía de Avis | ||
Descubrimentos e Expansión Portuguesa | ||
Imperio portugués | ||
Crise sucesoria de 1580 | ||
Dinastía Filipina | ||
Restauración da Independencia | ||
Dinastía de Braganza | ||
Terremoto de Lisboa de 1755 | ||
Guerra Peninsular | ||
Revolución Liberal (24/08/1820) | ||
Vilafrancada e Abrilada | ||
Guerras liberais | ||
Convención de Évora-Monte | ||
Revolución de Setembro, Revolta dos Marechais e Patulea | ||
Rexeneración e Fontismo | ||
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico | ||
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República | ||
Goberno Provisorio | ||
I República | ||
Ditadura militar e o Estado Novo | ||
Guerra de Ultramar | ||
Revolución dos Caraveis | ||
III República | ||
Por tópico | ||
Historia militar | ||
Historia diplomática | ||
Historia cultural | ||
Categoría: Historia de Portugal |
O sismo foi seguido por un tsunami e un incendio, causando a destrución case total de Lisboa. O terremoto acentuou as tensións políticas en Portugal e interrompeu abruptamente as ambicións coloniais de Portugal durante o século XVIII.
O acontecemento foi discutido extensamente polos filósofos ilustrados europeos, inspirando progresos importantes na teodicea e a filosofía do sublime. Ademais, ao ser o primeiro terremoto cuxos efectos sobre unha área grande foron estudados cientificamente, sinalou o nacemento da sismoloxía moderna. Os xeólogos estiman hoxe que a magnitude do terremoto de Lisboa sería dun 9 na escala de Richter, co seu epicentro no océano Atlántico a uns 200 km ao oeste-suroeste do Cabo de San Vicente.