Templo expiatorio da Sagrada Familia
basílica católica inacabada en Barcelona, deseñada por Antoni Gaudí / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílica[1] católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3).[2] e é a igrexa máis visitada de Europa tras a basílica de San Pedro do Vaticano.[3]
Datos rápidos Datos xerais, País ...
Templo expiatorio da Sagrada Familia | |
---|---|
A Sagrada Familia de Barcelona | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Cataluña |
Tipo | Basílica menor |
Advocación | Sagrada Familia |
Localización | Barcelona |
Coordenadas | 41°24′13″N 2°10′28″L |
Catalogación | Ben de Interese Cultural 24 de xullo de 1969 RI-51-0003813 Patrimonio da Humanidade Ano 2005, Ref: 320bis |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Arquidiocese de Barcelona |
Arquitectura | |
Construción | 1882- actualmente |
Estilo | Modernista |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Datos rápidos Obras de Antoni Gaudí, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Obras de Antoni Gaudí | |
---|---|
Fachada Natividade | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | |
Localización | 41°24′19.8″N 2°10′30.2″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2005 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 320-005 |
Pechar