Tecumseh
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tecumseh, nado en marzo de 1768 e finado o 5 de outubro de 1813, foi un líder nativo americano dos shawnee e dunha gran confederación tribal (coñecida como Confederación de Tecumseh) que se opuxo ós Estados Unidos durante a Guerra de Tecumseh e se converteu en aliado dos británicos na Guerra de 1812.
Representación romántica de Tecumseh c. 1915 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1768 Preto do río Scioto, Ohio |
Morte | 5 de outubro de 1813 (45 anos) Moravian of the Thames (actual Chatham-Kent, Ontario) |
Causa da morte | morte en combate |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Shawnee |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Carreira militar | |
Rango militar | war chief (en) |
Conflito | Batalha de Tippecanoe (pt) |
Familia | |
Irmáns | Ontario |
Tecumseh medrou no territorio de Ohio durante a guerra de independencia dos Estados Unidos e na Guerra india do noroeste, onde estivo constantemente exposto á guerra.[1] Cos americanos movéndose continuamente cara ao oeste logo de que os británicos cedesen o Val de ós Estados Unidos en 1783, os shawnee movéronse máis cara ao noroeste. En 1808, asentáronse en Prophetstown, na actual Indiana. Co obxectivo de estabelecerse nunha nación india independente ó leste do Mississippi baixo protección británica, Tecumseh traballou para recrutar tribos para a súa confederación dende o sur dos Estados Unidos.[1]
Durante a Guerra de 1812, a confederación de Tecumseh aliouse cos británicos e axudaron a capturar Fort Detroit. Antes da batalla, Tecumseh fixo un famoso discruso nunha rocha que aínda se conserva en Fort Malden. Despois de que a mariña dos Estados Unidos tomase o control do Lago Erie en 1813, os nativos e os británicos tiveron que recuar. As forzas americanas capturárono na Batalla do Thames, e mataron a Tecumseh en outubro de 1813. Coa súa morte a confederación desintegrouse e os nativos tiveron que moverse de novo cara ao oeste, mais Tecumseh converteuse dende entón nun heroe icónico na historia indíxena, americana e canadense.[2]