Teatro isabelino
From Wikipedia, the free encyclopedia
O teatro isabelino é o período do renacemento do teatro profesional secular en Inglaterra, que comeza coa apertura do primeiro teatro comercial, The Theatre, en Londres, e remata co primeiro incendio no teatro de Shakespeare, The Globe.
Teatro isabelino | |
---|---|
Exemplo de teatro isabelino | |
País | Orixe en Inglaterra |
Inauguración | Aproximadamente desde o comezo do reinado de Isabel I de Inglaterra |
Anos en activo | 1578-1642 |
Estilo | A reinterpretación isabelina dos clásicos provocou unha tormenta de innovacións en historias milenarias, exaltando a calidade universal de grandes personaxes históricos ou lendarios. Con outro estilo e outra técnica, mesmo os temas sociais son actualizados na súa complexidade psicolóxica, infrinxindo tabús sociais consolidados (sexo, morte, canibalismo, loucura), como o amor "prohibido" entre Romeo e Xulieta, ou o drama do abandono dos maiores no Rei Lear, en que o abandono do vello rei por parte das fillas é o tema dominante. |
Desta época son grandes nomes da dramaturxia inglesa, como o xa mencionado William Shakespeare, Christopher Marlowe, Thomas Kyd ou Ben Jonson.
Gran parte deste tempo Isabel I reinou en Inglaterra. Foi unha época politicamente conflitiva, internamente con tensións entre anglicanos e católicos, con fortes censuras aos bardos do eisteddfod galés,[1] externamente co desenvolvemento da guerra anglo-española coa dinastía filipina, e socialmente influenciada polo humanismo europeo.
Asóciase tradicionalmente coa figura de William Shakespeare (1564 - 1616). Outros autores destacados foron Francis Beaumont, Thomas Kyd e Christopher Marlowe.