Tartaruga de coiro
especie de tartaruga mariña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tartaruga de coiro[2][3] ou tartaruga mariña de coiro,[4] (Dermochelys coriacea), é unha especie de tartaruga mariña, a única do xénero Dermochelys, que á súa vez é o único xénero actual da familia dos dermoquélidos. Son as únicas tartarugas mariñas que non pertencen á familia queloníidos.[5]
Tartaruga de coiro Dermochelys coriacea | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Dermochelys coriacea (Vandelli, 1761) | |||||||||||||||||
Distribución de Dermochelys coriacea | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
É a maior de todas as tartarugas, xa que alcanzan unha lonxitude de 2,3 m, e o cuarto réptil máis pesado, cun peso de máis de 600 kg, só superado por tres crocodilos. Un individuo macho chegou a pesar 916 kg, aínda que as tartarugas deste tamaño son raras. Vive en todos os mares tropicais e subtropicais. Tamén se pode ver en augas europeas e galegas (ver Lista de réptiles de Galicia), e mesmo ás veces no norte de Europa.
Esta especie ten moitas características únicas que a distinguen doutras tartarugas mariñas. A súa coiraza ou cuncha non está formada de placas córneas duras como as outras tartarugas mariñas, senón que está cuberta por unha pel especial con pequenos osteodermos. A súa taxa metabólica é aproximadamente 3 veces maior do esperado nun réptil do seu tamaño, o que, unido aos intercambiadores de calor contracorrente que posúe e ao seu gran tamaño, permítelle manter unha temperatura corporal de ata 18 °C por riba da temperatura da auga circundante. Algúns científicos mesmo opinan que a tartaruga de coiro ten algunha capacidade para xerar a súa propia calor corporal, como faría un mamífero, malia que os réptiles son abimais ectotermos ou de "sangue frío", polo que dependen da temperatura externa para regular a súa propia. Porén, tamén pode considerarse a esta especie como xigantoterma.
Esta especie fai viaxes de miles de quilómetros. Abandona cada ano as augas tropicais para ir moi ao norte a augas frías seguindo a corrente do Golfo. Pode somerxerse longo tempo grazas á utilización de oxíxeno acumulado nalgúns dos seus tecidos. Tamén se pode mergullar a gran profundidade e nada moi rápido.