Tamerlán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tamerlán (adaptación occidental de Timur Lang), nado preto de Kesh (actual Uzbekistán) o 9 de abril de 1336 e finado en Otrar o 18 de febreiro de 1405, foi un emperador. Era parente afastado de Xenxis Kan, do que se consideraba o seu fillo espiritual. O seu nome Timur, significa "ferro" en turco-mongol (cf. mongol tömör e turco demir), e evoca o de Xenxis Kan, Temüdjin. Chamábaselle tamén Amir Timur (Emir de ferro). A segunda parte Lang quere dicir "coxo": «Timur o coxo» e procede do persa langidan [l a ŋ i d a n] - coxear.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1336 Shahrisabz (Canato de Chagatai) |
Morte | 19 de febreiro de 1405 (68 anos) Otrar (Dinastia Timúrida) |
Lugar de sepultura | Gur-e Amir |
Emir Dinastia Timúrida (pt) | |
9 de abril de 1370 – 14 de febreiro de 1405 – Khalil Sultan (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Sunnismo |
Altura | 1,72 m |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro |
Período de tempo | Dinastia Timúrida (pt) |
Lingua | Língua chagatai (pt) , lingua persa e Middle Mongolian (en) |
Carreira militar | |
Lealdade | Mirza (en) e Gran Khan |
Rango militar | Baig (en) Mirza (en) Gran Khan |
Participou en | |
Timur's Counter Siege (en) | |
Outro | |
Título | Bey Mirza (en) Emir |
Familia | Dinastia Timúrida (pt) |
Cónxuxe | Sarai Mulque Canum Chelpanov-Mulk Aga Uljay-Turkan aga Dilshad aga |
Fillos | Sha Ruj Mirza () Umar Shaikh (en) () Jahangir Mirza ibn Timur (en) () Uljay-Turkan aga (pt) Miran Shah (en) () Aka Begi (en) () |
Pais | Taragaï (pt) e Tekina Khatun (en) |
Foi emir de Transoxiana. Revelouse como un temíbel xefe guerreiro, que construíu un inmenso Imperio, que alicerzaba na forza e no terror. Tamén se mostrou, porén, como un protector das letras e das artes que farían a grandeza da súa capital Samarcanda. O seu Imperio no momento de máximo apoxeo comprendía desde o Sueste de Turquía ata cerca de Kashgar, na China, incluíndo países actuais como Siria, Iraq, Kuwait, Irán, ata Asia Central, abranguendo Casaquistán, Afganistán, Rusia, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Paquistán, e a India.
Logo da súa morte o seu Imperio, gobernado polos seus descendentes (os Timúridas), foi tragado polas potencias veciñas ata o asalto final dos uzbekos da dinastía dos Chaybanides.[3]