Sáhara Español
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sáhara Español (en árabe: الصحراء الإسبانية al-Sahara' al-Isbaniyya) foi unha colonia e, posteriormente, provincia española en África xurdida da unión en 1958 dos territorios de Saguia el Hamra e Río de Oro, despois de que a agrupación de territorios da África Occidental Española deixase de existir. En 1976, logo da Marcha Verde de Marrocos sobre o territorio, España abandonouno. Desde ese momento o chamado Sáhara Occidental é disputado por Marrocos, que o anexiona sen recoñecemento internacional, e a República Árabe Saharauí Democrática que quere establecer un Estado independente no antigo territorio provincial.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | O Aaiún | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1884 | ||||
Disolución | 6 de febreiro de 1976 | ||||
Sucedido por | República Árabe Saharauí Democrática, Marrocos e Mauritania | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | colonia (–1958) | ||||
Moeda | Peseta | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 53 | ||||
Segundo o Dereito Internacional, xuridicamente a soberanía e a administración do Sáhara Occidental seguen en mans de España, aínda que desde a firma dos Acordos de Madrid, non levou a cabo ningunha acción en tal sentido.