Suzuki
Fabricante de automóbiles xaponeses / From Wikipedia, the free encyclopedia
Suzuki Motor Corporation (スズキ株式会社, Suzuki Kabushiki-Kaisha?), é unha empresa xaponesa dedicada á fabricación de automóbiles (especialmente todoterreos e compactos), motocicletas, motores fóra borda, e unha variedade de produtos equipados con motores de combustión.[2] Foi fundada en 1909 na localidade de Hamamatsu por Michio Suzuki.[3] En 2016 Suzuki foi o maior fabricante de automóbiles subcompactos a nivel mundial. Por segundo ano consecutivo, foi a marca número un en automóbiles pequenos. En setembro de 2017, as vendas globais da marca superou 102,6 millóns de unidades comercializadas dende que iniciou a fabricación de automóbiles en 1955.[4] A cifra produtiva de Suzuki situouse en 3,05 millóns de unidades en 2019, un 11,1% menos que o ano anterior. A marca construíu 946.768 unidades no Xapón, e a súa produción no resto do mundo foi de 2,1 millóns de unidades.[5]
Suzuki Motor Corporation | |
---|---|
Tipo | Pública (K.K.) |
Fundación | Outubro de 1909 |
Localización | Hamamatsu, Shizuoka |
Fundador | Michio Suzuki |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Número de empregados | 68 499 (2020)[1] |
Na rede | |
https://www.globalsuzuki.com/, http://www.suzuki.com.tr/, https://www.suzuki.co.uk, https://www.suzuki.de/ e https://bikes.suzuki.co.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Suzuki é un fabricante independente, aínda que durante uns anos tivo vínculos próximos con General Motors e Volkswagen, sen chegar a ser controlado por outro fabricante.[6]