Susana Díaz
política española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Susana Díaz Pacheco, nada en Sevilla o 18 de outubro de 1974, é unha política española pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español, presidenta da Xunta de Andalucía dende o 7 de setembro de 2013 até o 16 de xaneiro de 2019 e exsecretaria xeral da federación andaluza do PSOE. É licenciada en Dereito pola Universidade de Sevilla.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Entre o 7 de maio de 2012 e o 7 de setembro de 2013 foi conselleira de Presidencia e Igualdade da Xunta de Andalucía. Anteriormente foi senadora por designación autonómica e secretaria de organización do PSOE-A.