Sugar Ray Leonard
boxeador estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ray Charles Leonard, nado en Wilmington (Carolina do Norte) o 7 de maio de 1956, máis coñecido como "Sugar" Ray Leonard, é un ex-boxeador, motivador e actor ocasional. Habitualmente considerado un dos grandes boxeadores de todos os tempos, competiu entre 1977 e 1997, gañando títulos mundiais e cinco categorías, o campionato lineal en tres categorías,[1] e o título en peso wélter sen disputar.[2] Leonard formou parte de "The Fabulous Four",[3] grupo de boxeadores que se enfrontaron entre eles na década de 1980, xunto con Roberto Durán, Thomas Hearns e Marvin Hagler.
"The Fabulous Four" crearon unha vaga de popularidade das clases máis lixeiras que loitaron na era posterior a Muhammad Ali, durante a que Leonard venceu a outros futuros membros do Salón da Fama Internacional do Boxeo como Hearns, Durán, Hagler e Wilfred Benítez.[4][5] Leonard foi tamén o primeiro boxeador que gañou máis de cen millóns de dólares e foi nomeado "Boxeador da Década" nos oitenta.[6] A revista The Ring considerouno loitador do ano en 1979 e 1981, mentres que a Boxing Writers Association of America (BWAA) lle deu o mesmo título en 1976, 1979 e 1981. En 2002, foi votado por The Ring como o noveno mellor boxeador dos últimos 80 anos;[7] BoxRec considerouno o 27.º maior boxeador, libra por libra.[8]