Subdución
afundimento dunha placa tectónica baixo outra / From Wikipedia, the free encyclopedia
En tectónica de placas, a subdución é o proceso de afundimento dunha placa litosférica (normalmente unha placa oceánica) baixo outra (normalmente, unha placa continental) nun límite converxente.[1]
A subdución ocorre ao longo de amplas zonas de subdución que, no presente, se concentran nas costas do océano Pacífico, no chamado cinto de lume do Pacífico, pero tamén hai zonas de subdución en partes do mar Mediterráneo, as Antillas e a costa índica de Indonesia. As zonas de subdución son áreas onde o alastramento oceánico iniciado dos rifts atopa compensación, isto é, onde as placas desaparecen. Este movemento descendente provoca a fusión do manto subxacente e induce ao vulcanismo.