Stromboli
From Wikipedia, the free encyclopedia
Stromboli (siciliano: 'Struògnuli', grego antigo: Στρογγύλη, Strongulē) é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa norte de Sicilia, que contén un dos tres volcáns activos en Italia. É unha das oito Illas Eolias, un arco volcánico ao norte de Sicilia. Este nome derívase do vello nome grego Strongulē que lle foi dado debido á súa forma redonda inchada. Stromboli tamén se refire á unha comida parecida á pizza, que se coñece tamén como calzone. A poboación da illa é de aproximadamente 500 habitantes.[1] O volcán leva en actividade continua (con erupcións volcánicas), desde polo menos os últimos 2.000 anos; a miúdo é visible desde moitos puntos da illa e do mar circundante, dando lugar ao alcumo da illa "Faro do Mediterráneo". A máis recente erupción foi o 13 de abril de 2009. Stromboli atópase a 926 m sobre o nivel do mar,[2] e a máis de 2.700 m. por encima do fondo do mar.[3] Hai tres cráteres activos no pico. Unha característica xeolóxica significativa do volcán é a Sciara do Fuoco ("río de lume"), unha gran depresión en forma de ferradura xerada nos últimos 13.000 anos por varios colapsos no lado noroeste do cono. Dous quilómetros ao nordés atópase Strombolicchio, un tapón volcánico remanente do volcán orixinal.
Stromboli | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Arquipélago | Illas Eolias |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 12,19 km² |
Punto máis alto | 926 m. Volcán Stromboli |
Demografía | |
Poboación | 400 hab. |
Lingua propia | Italiano |