Steve Jobs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011,[1] foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador,[2] e presidente executivo de Apple Inc.[3][4] Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos de Toy Story (1995) aparece como un dos produtores executivos.[5]
Jobs sostendo un iPhone 4 branco en 2010. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1955 San Francisco, California, Estados Unidos |
Morte | 5 de outubro de 2011 (56 anos) Palo Alto, California, Estados Unidos |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Lugar de sepultura | Alta Mesa Memorial Park (pt) |
Director executivo Apple Inc. | |
16 de setembro de 1997 – 24 de agosto de 2011 – Tim Cook (pt) → | |
Director executivo Pixar | |
29 de novembro de 1995 – 1997 | |
Director executivo NeXT | |
1985 – 1997 | |
Director executivo Apple Inc. | |
3 de xaneiro de 1977 – 1985 | |
Datos persoais | |
Residencia | Mountain View |
País de nacionalidade | estadounidense |
Relixión | Budismo e Zen |
Educación | Reed College (pt) (1972–1974) Homestead High School (pt) (–1972) De Anza College (en) |
Actividade | |
Ocupación | Cofundador, Presidente e CEO de Apple Inc. Principal investidor e CEO de Pixar Fundador e CEO de NeXT |
Período de actividade | 1974 - 2011 |
Empregador | Apple Inc. NeXT Pixar Atari, Inc. (pt) |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
2005 | commencement at the Stanford University (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Laurene Powell (1991-2011) |
Parella | Chrisann Brennan (pt) |
Fillos | Lisa Brennan-Jobs (con Chrisann, n. 1978) Reed (with Laurene, n. 1991) Erin (with Laurene, n. 1995) Eve (with Laurene, n. 1998) |
Pais | Abdulfattah Jandali (pt) e Joanne Carole Schieble Simpson (pt) |
Irmáns | Mona Simpson |
Parentes | Paul Jobs (pt) (pai adotivo (pt) ) Clara Hagopian Jobs (pt) (mãe adotiva (pt) ) Bassma Al Jandaly (pt) (curmán) Malek Jandali (pt) (curmán) |
Premios
| |
Páxina web | apple.com… |
|
A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak, e xunto a Mike Markkula[2] e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie Apple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh.[6][7]
O 5 de outubro de 2011, Apple anunciou que Jobs falecera á idade de 56 anos[8][9][10][11] debido a un cancro neuroendocrino de páncreas[12].