Sobrepeso
aumento do peso corporal por riba dun padrón dado en relación co talle / From Wikipedia, the free encyclopedia
O sobrepeso [1] é o aumento de peso corporal por riba dun padrón dado. Para avaliar se unha persoa presenta sobrepeso, os expertos empregan unha fórmula chamada índice de masa corporal (IMC), que calcula o nivel de graxa corporal en relación co peso, estatura e talle.[2]
Sobrepeso | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Gráfico do índice de masa corporal (IMC). Branco = Baixo peso (IMC < 18.5) Amarelo = Rango normal (IMC = 18.5-25) Laranxa = Sobrepeso (IMC = 25-30) Vermello = Obesidade (IMC > 30). | |
DiseasesDB | 2922 |
MedlinePlus | 003101 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Considérase normal un IMC entre 18,5 a 24,9.
Os adultos cun IMC de 25 a 29,9 considéranse con sobrepeso. No entanto, algunhas persoas neste grupo poden ter moito peso muscular e por tanto non tanta graxa, como é o caso dos atletas. Nestas persoas o seu peso non representa un aumento asociado do risco de problemas de saúde.
Os adultos cun IMC de 30 a 39,9 considéranse obesos e cun IMC igual ou superior a 40, extremadamente obesos. Calquera persoa con máis de 45 kg de sobrepeso considérase que sofre de obesidade mórbida.