Skogsrået
From Wikipedia, the free encyclopedia
Skogsrået (traducible dende o sueco como A ninfa do bosque), subtitulada ballade pour l'orchestre, Op. 15,[lower-alpha 1] é un poema sinfónico programático escrito entre 1884 e 1885 polo compositor finlandés Jean Sibelius. A balada, que se estreou o 17 de abril de 1895 en Helsinqui (Finlandia), baixo a dirección do propio Sibelius, segue o poema homónimo de 1882 do escritor sueco Viktor Rydberg, no cal un mozo, Björn, se interna no bosque e é seducido e levado á desesperación por unha skogsrå, ou ninfa do bosque. Organizativamente, o poema sinfónico consiste en catro seccións informais, cada unha das cales correspóndese cunha das catro estrofas do poema e evoca o estado de ánimo dun episodio en particular: primeiro, vigor heroico; segundo, actividade frenética; terceiro, amor sensual; e cuarto, dor inconsolable.
Skogsrået | |
---|---|
de Jean Sibelius | |
Jean Sibelius en 1891. | |
Xénero | Sinfónico |
Forma | Poema sinfónico |
Composición | 1884-85 |
Publicación | 2006 |
Editorial | Breitkopf & Härtel |
Gravación | Osmo Vänskä, Sinfonia Lahti, 1996 |
Estrea | |
Data | 17 de abril de 1885 |
Lugar | Helsinqui |
Director | Jean Sibelius |
Intérpretes | Helsingin kaupunginorkesteri |
Skogsrået foi interpretada tres veces máis esa década; logo, por petición do compositor, unha vez máis en 1936. Nunca publicada, pensouse que a balada era comparable a obras insubstanciais e de xuventude que Sibelius suprimira ata que o musicólogo finlandés Kari Kilpeläinen 'redescubriu' o manuscrito nos arquivos da Universidade de Helsinqui, "[atrapando] Finlandia, e o mundo musical, por sorpresa".[2] Osmo Vänskä e a Sinfonia Lahti realizaron a estrea moderna da balada o 9 de febreiro de 1996. Aínda que a partitura permanecera 'perdida' durante sesenta anos, o seu material temático era coñecido de xeito reducido a través dun melodrama para narrador, piano, dúas trompas, e cordas. Sibelius probablemente arranxou o melodrama a partir do poema sinfónico, aínda que afirmou o contrario. Algúns críticos, se ben admiten a beleza das ideas musicais, critican a Sibelius pola súa excesiva confianza na narrativa do material orixinal e a falta dunha da estrutura rigorosamente unificada que caracterizou a súa produción posterior, mentres que outros, como Veijo Murtomäki, calificaron á obra como "obra mestra"[3] digna de ser clasificada entre as mellores obras orquestrais de Sibelius.