Jean Sibelius
Compositor finlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Johan Julius Christian Sibelius ( pronunciación (axuda · info)), máis coñecido como Jean Sibelius, nado en Hämeenlinna o 8 de decembro de 1865 e finado en Järvenpää o 20 de setembro de 1957,[1] foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío, sendo o compositor máis famoso do país.
Jean Sibelius | |
---|---|
Retrato de Jean Sibelius en 1913. | |
Nome completo | Johan Julius Christian Sibelius |
Alcume(s) | Jean Sibelius |
Nacemento | 8 de decembro de 1865 |
Hämeenlinna, Gran Ducado de Finlandia (Imperio Ruso) | |
Falecemento | 20 de setembro de 1957 (91 anos) |
Järvenpää, Finlandia | |
Causa | hemorraxia cerebral e Infarto cerebral |
Nacionalidade | Finlandia |
Etnia | Sueco-Finlandeses |
Educado en | Academia Sibelius e Universidade de Helsinki |
Instrumento(s) | piano e violín |
Composicións destacadas | Máis de 100 composicións en 118 opus |
Pai | Christian Gustaf Sibelius |
Nai | Maria Charlotta Sibelius |
Parella/s | Aino Sibelius |
Fillos | Ruth Snellman, Heidi Blomstedt e Katarina Ilves |
Irmáns | Christian Sibelius |
Premios | Grand Cross of the Order of the White Rose of Finland, Wihuri Sibelius Prize, Medalla de Ouro da Royal Philharmonic Society, Finnish Music Hall of Fame, Medalha Goethe de Arte e Ciência, Comendador da Ordem de Dannebrog, Grand Cross of the Order of the White Rose of Finland, Commander First Class of the Order of the White Rose of Finland, Commander 1st class of the Order of Vasa, Comandante da Orde de Santo Olaf, Gran Cruz da Orde de Dannebrog, grande oficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Gran Cruz da Orde da Coroa de Italia |
Na rede | |
http://www.sibelius.fi | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Trátase dun dos máis populares compositores de finais do século XIX e principios do século XX. A súa música, como o poema sinfónico Finlandia e o seu xenio xogaron un importante papel na formación da identidade nacional finlandesa, sendo xunto con Johan Ludvig Runeberg, un dos finlandeses que simbolizan este nacemento a pesar de seren suecofalantes.[nota 1][2] Sibelius converteuse non só no símbolo da música finlandesa, senón tamén de todo o país, e a súa música acadou un nivel de universalidade equiparable ao dos máis grandes espíritos da música occidental.[3]