Siemens (unidade)
unidade derivada do SI para a condutancia eléctrica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O siemens[1] (símbolo S) é a unidade derivada do SI para a medida da condutancia eléctrica. É chamada así polo enxeñeiro alemán Werner von Siemens.
A condutancia eléctrica represéntase coa letra G nas fórmulas e ten de unidade o siemens, e a súa inversa, a resistencia eléctrica, represéntase coa letra R, e ten de unidade o ohm.
Onde I é a intensidade eléctrica ou corrente eléctrica, e V é a voltaxe (tamén chamada tensión ou diferenza de potencial eléctrico).