Sidro Labrego
santo e labrego mozárabe / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Sidro Labrego,[1] (en latín: Ysidorus Agricola; en castelán: Isidro Labrador), nado en Madrid, c. 1082[2] e finado ibídem o 15 de maio de 1130, foi un labrego mozárabe coñecido pola súa piedade cara aos animais e os pobres. É o patrón católico dos labregos, e de Madrid; El Gobernador, Xalisco; La Ceiba, Honduras; e de Tocoa, Honduras. A súa festa celébrase o 15 de maio.
Nome orixinal | (ruq-latn) Isidro Labrador |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1079 Madrid |
Morte | 15 de maio de 1130 (50/51 anos) Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Castela |
Actividade | |
Ocupación | labrego |
Lingua | Lingua castelá |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de maio |
Patrón de | Madrid |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Torribia |
Fillos | Illán |
Cronoloxía | |
12 de marzo de 1622 | Canonización de Sidro Labrego, Ignacio de Loiola, Francisco Xavier, Tareixa de Xesús e Filipe Neri |
Estivo posiblemente ao servizo da familia Vargas e doutros tantos señores terratenentes como Francisco Vera. O seu traballo como xornaleiro máis mencionado polos biógrafos é a cargo de Juan de Vargas,[3] e realizouse principalmente na área de Madrid e arredores. Coñécense algúns detalles da súa vida polos encomios que indica un códice atopado na Igrexa de Santo André en 1504 (denominado como Códice de San Sidro e escrito a finais do século XII). Neste documento menciónase que está casado, cun fillo e proporciona referencia de só cinco milagres, sendo os demais engadidos posteriormente procedentes da tradición oral durante o seu proceso de beatificación por varios hagiógrafos. A pesar de que aínda non estivese canonizado, os madrileños rendíanlle un culto dende o século XII que foi medrando axiña en séculos posteriores. Por iso, as autoridades eclesiásticas, municipais, a aristocracia madrileña e a coroa real española encabezaron o seu proceso de canonización no século XVI.