Shrewsbury
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shrewsbury é unha cidade, a capital do condado de Shropshire na rexión de Midlands do Oeste en Inglaterra, situada á beira do río Severn. A súa poboación é de aproximadamente 72.000[1], a segunda cidade do condado tras Telford. Localizada a 14 km ao leste do límite con Gales, Shrewsbury serve como o centro comercial de Shropshire e rexións galesas próximas.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Midlands do Oeste - West Midlands | |||
Condado cerimonial | Shropshire | |||
Área | Shropshire (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 71.715 (2011) (1.887,73 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 37,99 km² | |||
Bañado por | Río Severn | |||
Altitude | 71 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1189 (Gregoriano) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01743 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Shrewsbury é unha histórica market town ou localidade que na Idade Media en Inglaterra tiña dereito a celebrar mercado, e a cidade mantén sen alterar a súa estrutura medieval e máis de 660 edificios recoñecidos de especial interese arquitectónico ou histórico[2] incluíndo varios exemplos de casas con marcos de madeira dos séculos XV e XVI, o castelo de Shrewsbury, unha fortificación de arenita e a abadía de Shrewsbury, un antigo mosteiro bieito fundados en 1074 e 1083 respectivamente polo normando Roger de Montgomery.[3]