Shah Jahan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Shahab-ud-din Muhammad Khurram,[1] nado en Lahore o 5 de xaneiro de 1592 e finado en Agra o 22 de xaneiro de 1666,[2] foi un emperador mogol, máis coñecido como Shah Jahan (en persa: شاه جهان; "Rei do Mundo"),[3] fillo do emperador Jahangir e da súa esposa Bibi Bilqis Makani (Jodh Bai), princesa rajput de Marwar (Jodhpur); a súa avoa paterna era tamén unha princesa hindú rajput de Amber (Jaipur), polo que o setenta e cinco por ciento dos seus antepasados eran príncipes hindús. Gobernou entre 1627 e 1658,[4] cando o seu fillo Aurangzeb o confinou no forte de Agra.
Nome orixinal | (fa) شهابالدین مُحمَّد شاهجهان |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de xaneiro de 1592 Forte de Lahore (Imperio mogol) |
Morte | 22 de xaneiro de 1666 (74 anos) Forte de Agra (Imperio mogol) |
Lugar de sepultura | Taj Mahal |
5º Mughal emperor (en) | |
19 de xaneiro de 1628 – 31 de xullo de 1658 ← Jahangir (pt) – Aurangzeb → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Lingua | Lingua persa, árabe, Língua chagatai (pt) e Lingua hindustana |
Familia | |
Familia | Mughal dynasty (en) |
Cónxuxe | Izz-un-Nissa (1617–1666) Mumtaz Mahal (1612–1631) Kandahari Begum (1609–) |
Fillos | Parhez Banu Begum (en) () Kandahari Begum (en) Roshanara Begum (en) () Mumtaz Mahal (pt) Aurangzeb () Mumtaz Mahal (pt) Murad Bakhsh (en) () Mumtaz Mahal (pt) Shah Shuja (en) () Mumtaz Mahal (pt) Jahanara Begum (en) () Mumtaz Mahal (pt) Prince Dārā Shikūh (pt) () Mumtaz Mahal (pt) Gauhar Ara Begum (en) () Mumtaz Mahal (pt) |
Pais | Jahangir (pt) e Jagat Gosain (en) |
Irmáns | Khusrau Mirza, Parviz (en) , Shahryar Mirza (pt) e Bahar Banu Begum (en) |
O Imperio Mogol alcanzou o seu acme durante o reinado de Shah Jahan e está considerado o último dos grandes emperadores mogois.[5]
Durante gran parte do seu reinado, ata 1648, a súa capital foi Agra e despois mudouse a Delhi, cando se reconstruíu o Shahjahanabad, o Forte Vermello, outra das súas grandes obras. É lembrado especialmente por ser quen mandou labrar o célebre trono do Pavón e levantou o Taj Mahal, ademais da Mesquita dos Venres de Delhi, os xardíns de Shalimar en Lahore, a mesquita que leva o seu nome en Sind e a tumba da súa filla favorita Jahanara Begum, xoias senlleiras da civilización komol.