Secesión (política)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha secesión, do latín secessĭo, -ōnis, 'separación', 'afastamento', é o acto de retirarse dunha organización, unión ou entidade política. Tipicamente hai un forte factor diferencial que motiva a retirada.[1][2]
A secesión pode ser un feito ou un dereito. Como dereito o fenómeno político da secesión require a previa existencia dun Estado Federal ou Confederal, do que forme parte o Estado que manifesta a súa vontade de separarse da unión.
A secesión, como feito, adoita confundirse coa independencia. Pero non é igual. Nas guerras de secesión (como a Guerra de Secesión de Estados Unidos), o decisivo é a vontade que ten un Estado preexistente de separarse da unión con outros Estados, mentres que nas guerras de independencia trátase do nacemento dun novo Estado.