Santiago de Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Cuba[1][2][3] é a capital da provincia do mesmo nome, no leste de Cuba. As súas coordenadas xeográficas son 20.01° N, 75.82° W. É a segunda cidade máis importante do país, con cerca de 500 mil habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia de Santiago de Cuba | ||||
Capital de | Provincia de Santiago de Cuba (1976–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 444.851 (2011) (430,94 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.032,29 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Altitude | 82 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Diego Velázquez de Cuéllar | ||||
Creación | 1514 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Santiago o Maior | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90100, 90200, 90300, 90400, 90500, 90600, 90700, 90800, 90900, 91000, 91100, 91200, 91300 e 91400 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 22 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Montego Bay Diadema (pt) Maracay Nápoles Sabaneta (pt) Maracaibo Esmeraldas Lisboa Santiago de Compostela Cartaxena de Indias Santiago de los Caballeros (pt) San Petersburgo (1974–) Rosario (1993–) Palermo (1996–) Oakland (2000–) Toluca de Lerdo (2018–) | ||||
Situada ao leste da illa, foi capital da antiga provincia de Oriente e actualmente éa da provincia do mesmo nome. Foi fundada en 1515 polo conquistador español Diego Velázquez de Cuéllar, entre as primeiras sete vilas de Cuba. O conquistador Hernán Cortés foi o primeiro alcalde da cidade e de alí partiu cara á conquista de México. De Santiago partiu tamén o conquistador e explorador Pánfilo de Narváez co título de Adiantado, ademais de Gobernador, rumbo ás costas de Florida en viaxe exploratoria, viaxe que rematou en fracaso e lle custou a morte.
Foi a primeira capital de Cuba. Pola baía santiagueira entraron os primeiros escravos negros a Cuba e con eles fortes raíces africanas e españolas. É coñecida como a Cidade Heroe de Cuba, título que lle foi concedido polo apoio do seu pobo ás xestas libertarias dos cubanos.