San Vicente, San Vicente e as Granadinas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Saint Vincent ou San Vicente é unha illa volcánica no mar Caribe, o territorio máis extenso do país de San Vicente e as Granadinas. Está situada entre Santa Lucía e Granada. Está formada por montañas volcánicas parcialmente mergulladas. O seu volcán máis grande e o pico máis alto do país, A Soufrière, está activo, a última erupción foi en 1979.[1]
San Vicente | |
---|---|
Hairouna | |
Vista satélite | |
Situación | |
País | San Vicente e as Granadinas |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 13°15′N 61°12′O |
Xeografía | |
Superficie | 345 km² |
Longura máxima | 29 km. |
Largura máxima | 18 km. |
Perímetro | 84 km. |
Punto máis alto | 1.234 m. La Soufrière |
Demografía | |
Capital | Kingstown (25.418 hab.) |
Poboación | 100.000 hab. (2012) |
Densidade | 347´83 hab./km² |
Durante o século XVIII a illa foi disputada entre Francia e Gran Bretaña, ata que foi cedida aos británicos en 1783. Acadou a súa independencia o 27 de outubro de 1979. A súa poboación é de aproximadamente 100.000 persoas. A capital é Kingstown, con 25.418 habitantes. O resto da poboación se dispersa ao longo da franxa costeira e inclúe as outras cinco cidades principais Layou, Barrouallie, Chateaubelair, Georgetown e Calliaqua.