San Tomé, Illas Virxes
From Wikipedia, the free encyclopedia
San Tomé (inglés: Saint Thomas; castelán: Santo Tomás; neerlandés: Sint-Thomas; dinamarqués: Sankt Thomas), é unha illa situada no mar Caribe. É a principal illa das Illas Virxes dos Estados Unidos e nela sitúase a principal cidade, Charlotte Amalie e, xunto con San Xoán e Water Island, forma un condado e constitúen o distrito das Illas Virxes Estadounidenses, un territorio non incorporado dos Estados Unidos. Localizada na illa está a capital territorial e porto de Charlotte Amalie. Segundo o censo de 2010, a poboación de Santo Tomé era de 51.634 habitantes[1] o 48,5% do total da poboación das Illas Virxes dos Estados Unidos. O distrito ten unha superficie de 80´9 km².
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Tomé.
Datos rápidos Situación, País ...
San Tomé | |
---|---|
Vista de Charlotte Amalie | |
Situación | |
País | Illas Virxes Estadounidenses |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°20′N 64°55′O |
Xeografía | |
Superficie | 80´9 km² |
Punto máis alto | 474 m. Monte Crown |
Demografía | |
Capital | Charlotte Amalie |
Poboación | 51.634 hab. (2010) |
Densidade | 638´17 hab./km² |
Pechar