Salinas reais de Arc-et-Senans
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Saline Royale (Salinas reais) é un edificio histórico en Arc-et-Senans no departamento de Doubs, no leste de Francia. Está xunto ao Bosque de Chaux e a 29,2 quilómetros ao suroeste de Besançon. O arquitecto foi Claude-Nicolas Ledoux (1736–1806), un destacado arquitecto parisiense da época. A obra é un exemplo importante dun proxecto temperán da Ilustración no que o arquitecto baseou o seu deseño nunha filosofía que favorecía a ordenación dos edificios segundo unha xeometría racional e unha relación xerárquica entre as partes do proxecto.
Das Grandes Salinas de Salins-les-Bains ata a Salina Real de Arc-et-Senans, a produción de sal en tixolas de evapración | |
---|---|
Pavillón do director e taller de fabricación. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 1982 (VI sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 203 |
O Institut Claude-Nicolas Ledoux asumiu a tarefa de conservador e xestiona o lugar como monumento. En 1982, a UNESCO engadiu as "Salines Royales" á súa lista de Patrimonio da Humanidade, xunto coas antigas salinas de Salins-les-Bains, polas súas destacadas arquitecturas e testemuños da historia da fabricación de sal en tixolas de evaporación.[1] As salinas reais é o primeiro complexo arquitectónico desta escala que se utiliza con fins comerciais.[1]
Hoxe, o sitio está principalmente aberto ao público. Inclúe, o edificio empregado polos toneleiros, exposicións do Museo Ledoux doutros proxectos futuristas que nunca se construíron. Ademais, os edificios de produción de sal albergan exposicións temporais.
A liña de tren de Besançon a Bourg-en-Bresse pasa xusto a carón das salinas. A estación de Arc-et-Senans está a só unhas ducias de metros do lugar.